17.7 C
Málaga
miércoles, noviembre 20, 2024

A Mesa valora «moi positivamente» que se acabe coa «anomalía democrática»

A Mesa valora "moi positivamente" que se acabe coa "anomalía democrática" da prohibición de uso de linguas diferentes do castelán no Congreso

Más leídos

malagaldía
malagaldíahttps://www.malagaldia.es/
Equipo compuesto por periodistas que seleccionan el contenido más adecuado a la línea editorial del Periódico malagaldia.es, estas noticias provienen de agencias de información, agencias colaboradoras, comunicados de prensa y artículos de opinión recibidos en nuestras oficinas.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023.- A Mesa pola Normalización Lingüística valorou esta mañá «moi positivamente» que «na lexislatura que comeza se dean pasos firmes para a finalización dunha anomalía democrática como é a imposibilidade de uso de linguas diferentes do castelán», en palabras do presidente da entidade en defensa do galego, Marcos Maceira.

Maceira fixo estas declaracións despois de reunirse con Néstor Rego, deputado do BNG, que se comprometeu a defender no Congreso todas as iniciativas encamiñadas á plena normalización do uso do galego. Con esta xuntanza, a Mesa abre unha serie de encontros con representantes políticos galegos presentes no Congreso para impulsar novos avances para o noso idioma no Estado.

A Mesa vén desenvolvendo un intenso traballo, en colaboración con outras entidades de defensa das linguas do Estado, impulsando medidas lexislativas pola igualdade lingüística. Neste sentido, Maceira recordou esta mañá que a Proposición Non de Lei presentada neste sentido no Congreso español, en abril de 2021, co apoio entre outros de Néstor Rego, xa reclamaba que se abrise esta posibilidade. «Naquel momento», salientou Maceira, «aprobáronse 3 dos 7 puntos propostos, co voto favorábel de todas as forzas políticas con representación de Galiza». «Pensamos que os avances para as linguas non se deben deter aquí», defendeu o presidente da Mesa, «todos os puntos daquel manifesto manteñen a súa vixencia». «Especialmente», recalcou, «os relativos ao poder xudicial e á administración xeral do Estado, nos que tamén insistiu o Consello de Europa e que son de obrigada aplicación polo Estado español».

«Se a vontade da maioría de forzas políticas no Estado é que esta lexislatura mude o tratamento que o Estado español lle dá ás linguas», advertiu Maceira, «hai que pór fin a todas as discriminacións polo uso da lingua propia que o Estado consente e ampara: dificuldades e impedimentos para o uso e atención en galego na administración xeral do Estado, nos procesos xudiciais, limites no ámbito do consumo, ou cotas simbólicas na lei audiovisual». «A mostra máis clara da desigualdade das linguas diferentes do castelán son as máis de 500 disposicións legais que obrigan á presenza do español ou as últimas sentenzas que manteñen a supremacía do castelán fronte aos demais idiomas», concluiu.

Achegamos unha fotografía do encontro desta mañá entre Marcos Maceira e Néstor Rego, tedes un vídeo e audio da comparecencia posterior nesta carpeta.

Enviado por José Antonio Sierra

Sigue nuestras noticias

- Publicidad-

Otros títulos

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Publicidad -

Últimos artículos

Ir a la barra de herramientas