Real Academia Galega

A análise da pegada de Fernández del Riego na cultura galega

A análise da pegada de Fernández del Riego na cultura galega reunirá preto de vinte especialistas en Lourenzá a comezos de setembro  A Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Lourenzá colaboran nun curso de verán que achegará novas olladas á figura e ao legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023  O prazo de matrícula permanece aberto ata o 24 de agosto   A Coruña, domingo 13 de agosto de 2023.- Lourenzá, a vila natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, acollerá do 4 ao 6 de setembro un encontro de tres días no que se afondará no seu legado dende diversas perspectivas. Preto de vinte especialistas de distintas institucións analizarán a biografía e a obra de Fernández del Riego como activista, intelectual, estudoso e escritor nos ...

A comunidade de estudos galegos incorpora novos membros coa clausura dos XXXIII Cursos “Galego sen fronteiras”

O programa organizado pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela rematou hoxe coa entrega de diplomas a preto de medio cento de estudantes procedentes dunha vintena de países de Europa, América e Asia  Santiago de Compostela, luns 24 de xullo de 2023.- Jakub Merdala, procedente de Cracovia, empezou a estudar galego fascinado pola cantigas medievais que coñeceu na súa universidade. Hoxe recibiu o seu diploma como alumno do nivel superior do XXXIII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. Antón Rey levará o seu certificado a Buenos Aires, a cidade onde naceu, pero el defínese como galego. “Aprendín a falar o galego no colo do meu avó”, contou este mediodía emocionado no acto de clausura desta actividade, organizada po...

Noticias en Gallego para España: Premios do VI Concurso de microrrelatos

As persoas premiadas recollerán esta tarde na Fundación Luis Seoane os galardóns dunha convocatoria que segue a descubrir novas voces cheas de talento de distintas xeracións O gañador do primeiro premio, o expresidente da CTNL, Nel Vidal (Ribeira, 1980), e a gañadora do terceiro, Mónica Fraga (A Laracha, 1974), imparten docencia no IES Rego de Trabe de Culleredo A costureira e contacontos Nanda Costas (Vigo, 1978), veciña de Nigrán, fíxose co segundo premio na modalidade de persoas adultas Na categoría xuvenil as gañadoras son Andrea Bravo López (Ames, 2009), alumna do IES do Milladoiro; Mencía Jorge Cabaleiro (Vigo, 2006), estudante do IES Castelao de Vigo; e Beatriz Martínez García (Teo, 2006), do IES de Cacheiras Na categoría infantil as premiadas son Ainhoa Valverde Silva (Baiona, 2012...

Ir a la barra de herramientas