17.6 C
Málaga
miércoles, diciembre 25, 2024

A VIII Xornada de Onomástica explora o papel dos nomes de lugar e persoas na cultura popular

Más leídos

malagaldía
malagaldíahttps://www.malagaldia.es/
Equipo compuesto por periodistas que seleccionan el contenido más adecuado a la línea editorial del Periódico malagaldia.es, estas noticias provienen de agencias de información, agencias colaboradoras, comunicados de prensa y artículos de opinión recibidos en nuestras oficinas.
  • O encontro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, organizado coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, terá lugar o sábado 21 de outubro no Edificio Castelao do museo provincial
  • As sesións prestaranlle atención especial á presenza dos nomes de lugares e persoas no cancioneiro popular

 

A Coruña, sábado 7 de outubro de 2023.- A VIII Xornada de Onomástica Galega explorará o vindeiro 21 de outubro dende Pontevedra o papel dos nomes propios e a súa riqueza na cultura popular. O encontro anual que organiza o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, coa colaboración coa Deputación de Pontevedra e do Museo de Pontevedra, prestaralle nesta ocasión atención especial á presenza da toponimia e a antroponimia no cancioneiro, e terá tamén en conta outros xéneros. Haberá ademais tempo para coñecer experiencias dende o mundo educativo relacionadas co tema da xornada, que rematará cunha actuación musical de Tralo-Valo.

 

As sesións desenvolveranse en horario de mañá e tarde no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. As persoas que desexen seguilas presencialmente deben inscribirse enviando un correo electrónico, antes do 18 de outubro, a [email protected] cos datos que se indican no programa, dispoñible en academia.gal. O programa poderá seguirse tamén en directo a través de academia.gal e a canle de Youtube da Real Academia Galega.

A través da cultura popular, a cita permitirá profundar na relación da onomástica coa oralidade, explica a académica Luz Méndez, coordinadora da xornada canda a académica de número Ana Boullón. “O eixo central, desta volta, é a expresión popular dos nosos nomes, transmitida durante xeracións e significativa para entender a nosa idiosincrasia tamén en canto á comunicación, á complicidade ou aos sobreentendidos que nos unen como pobo”, detalla. “Coma sempre e, ante todo, a xornada quere abrir novas perspectivas de estudo da ciencia onomástica a aspectos pouco analizados entre nós, xerar debate científico e divulgar e normalizar os nomes propios persoais e de lugar”, conclúe.

 

Os topónimos, os nomes de persoa e os nomes de santos no cancioneiro centrarán os tres primeiros relatorios, a cargo de Domingo Blanco, Xosé Miranda Ruíz e Xosé Ramiro Cuba Rodríguez, respectivamente. A sesión da mañá continuará cunha achega de Antonio Reigosa Carreiras sobre a onomástica no conto galego de tradición oral e a ollada á relación entre a onomástica e a antropoloxía en Galicia de Elena Freire Paz.

 

A sesión da tarde arrincará cun relatorio de Carlos Baliñas Pérez sobre os usos sociais do cognomentum (alcumes, sobrenomes, nomes familiares…) na Galicia altomedieval e deseguido continuará cunha contribución dende o mundo da didáctica, como é costume nestas xornadas dende os seus comezos. Será da man da cantora, improvisadora e filóloga Alba María, que profundou co seu alumnado de secundaria na relación entre os romances e a onomástica.
Enviado por José Antonio Sierra
Coordinador lenguas cooficiales 
- Publicidad-

Otros títulos

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Publicidad -

Últimos artículos

Ir a la barra de herramientas